xoves, 27 de outubro de 2016

Posibilidades e riscos das TICs

As TICs son moi importantes hoxe en día para todo o mundo, ofrecendo moitas posibilidades e dereitos, pero estos non teñen límite. Neste caso, demasiada liberdade pode ocasionar perigos e levar a riscos, ou simplemente destacar unha desigualdade na sociedade. En calquera caso, estes son algunhas das posibilidades e riscos das TICs:
Aínda que as posibilidades que se ofrecen son moi ventaxosas, entreña certos riscos de carácter importante, como por exemplo a credibilidade da información:

CREDIBILIDADE DA INFORMACIÓN

Seguramente ti contes cunha conta nunha rede social (WhatssApp, Instagram, Snapchat, MySpace,...), verdade? E ao igual que ti tela cos teus datos persoais verdadeiros, quen che di que non hai xente que os falsifica?
Ao que quero chegar con isto é que se debe ter coidado coas persoas ás que se segue ou que te seguen, xa que a información que ofrece pode ser falsa. Tanto pode falsificar o seu nome, como a súa idade, como a súa localización, como o seu propio sexo.
Por estes temas suceden diariamente os casos que saen nos telediarios de cyberbulling, ameazas online sobre todo dirixidas a menores de idade.
Algún exemplo podería ser o chantaxe dun "adolescente" ameazando con divulgar fotos persoais comprometidas se non cumple as súas esixencias.
Para comprobar que a información sexa real e verdadeira, podes seguir estes tips ou pasos:


1. PRESENTACIÓN: refírese a asegurar que o nome. o tipo de dominio (.es para España, .fr para Francia,...) e o tipo de publicación (se se trata dunha publicación xurídica, editorial, científica,...).
2. AUTOR: asegurarse da vericidade do nome do autor e que os seus datos de contacto sexan reais é moi importante para evitar as falacias e detectar infraccións por suplantación de identidade por exemplo.
3. DESTINATARIO: hai que saber que estilo posúe a publicación, para determinar o enfoque que esta vai ter: se vai ir dirixido a un público xuvenil, adulto,...
4. PRECISIÓN: é recomendable sinalar nas publicacións o lugar de procedencia desta, repasar que os enlaces sexan actualizados cada certo tempo para obter as últimas informacións,...
5. ACTUALIDADE: un bo mantemento da publicación, sobre todo das fechas e localizacións desta implicaría manter ven informado ao lector sobre o espazo e o tempo da noticia.



luns, 24 de outubro de 2016

Aplicacións das TICs

O desenvolvemento das TICs realizouse co fin de usalas utilmente e aplicalas á sociedade e ao mundo científico. Sabendo isto, pódese obter o seguinte pequeno esquema das súas aplicacións:


INFORMÁTICA DISTRIBUÍDA

Entre todas elas (e máis posibles que podería haber) eu tratarei o da Informática Distribuída, pero... ¿qué é?
A informática distribuída refírese a un conxunto de ordenadores que traballan conectados entre si mediante unha red cun fin ou sobre un tema común. Estes ordenadores poden conectarse entre eles mediante unha rede local (cluster) ou mediante Internet (grid).

Algúns dos proxectos máis famosos e coñecidos de este tipo de informática son:


WORLD COMUNITY GRID

No meu caso, centrareime única e específicamente na World Comunity Grid:
Esta é unha organización sen ningún tipo de ánimo de lucro, que ten por obxectivo e finalidade a investigación dos distintos tipos de enfermidades (cancros, tumores,...), desastres naturais (huracáns, tsunamis,...) e problemas medioambientais (quentamento global, desertización,...), entre outros.
Algunha das investigación máis importantes dentro deste campo son:
¬ OpenZika (Investigación contra o virus Zika)
¬ FightAIDS@Home (Investigación contra o SIDA)
¬ Outsmart Ebola Together (Investigación contra o Ébola)
¬ Uncovering Genome Mysteries (Investigación do Genoma da Biodiversidade)
¬ Mapping Cancer Markers (Investigación da prevención de diversos cánceres)
¬ Help Stop TB (Investigación de la Tuberculose)
¬ The Clean Energy Project (Investigación de novas Enerxías Limpas)

Esta última está en segunda fase, xa que xa se completou a primeira, ao igual que pasou co FightsAIDS@Home.
Algúns (non todos) dos proxectos xa completados son os seguintes:
¬ FightAIDS@Home
¬ Help Defeat Cancer (Investigación contra o Cáncer)
¬ AfricanClimate@Home (Investigación do clima de África)
¬ Discovering Dengue Drugs (Investigación da cura contrao Dengue)
¬ Help Cure Muscular Dystrophy (Investigación da Distrofia Muscular)
¬ Buscando medicinas contra la leishmaniasis (como su nombre indica, buscan unha medicina/cura contra a leishmaniasis)
¬ GO Fight Against Malaria (Investigación de loita contra a Malaria)

Todos estes proxectos son posibles gracias á colaboración de voluntarios de todo o mundo e ás aportacións da empresa americana IBM (Hardwares, Softwares, aloxamentos, mantemento e asistencia técnica).
Se queres axudar á humanidade, ti tamén podes colaborar: só che fai falta un ordenador, rexistrarte na páxina web de World Comunity Grid e descargar un software gratuíto

luns, 10 de outubro de 2016

Opinión persoal sobre o documento

Nesta nova entrada vou dar a miña opinión sobre os apartados que se mencionan no seguinte DOCUMENTO, que trata sobre a información e a comunicación na sociedade actual. Analizarei o seu contido parte a parte:

ABUNDANCIA DE INFORMACIÓN

A abundancia de información consiste principalmente na creación continua e sen pausa de datos na rede, o que pode ocasionar a saturación de información.


Respecto ao documento, non estou de acordo en todo o que di sobre que a "sobredose" de información na rede é mala, xa que, como ben se di, o saber non ocupa lugar. Aínda así, pode que teña razón e sexa convinte clasificar todos eses datos de maneira que poidan ser útiles para todos e non outorguen falsa información

FLUIDEZ INFORMACIONAL

Esto refírese á cercanía ou familiaridade que se ten coas novas tecnoloxías e a capacidade de interaccionar con elas.


Ten total razón, xa que canta máis relación se teña coas tecnoloxías, maior será a capacidade cognitiva que se menciona.

BRECHA DIXITAL

Denomínase así á diferenza entre a familiarización coas novas tecnoloxías entre dous términos, como por exemplo continentes (Europa-África), que debido á diferenza de presuposto en cada un deles non permite dentro das mesmas posibilidades o poder dispoñer das mesmas TICs (pobreza)


Claramente, entre países do terceiro mundo e os europeos, e sen ir máis lonxe entre a nova xeración e os maiores, existe unha gran brecha dixital, xa que non todos teñen a posibilidade de permitirse un ordenador, ou tan se quera o tempo necesario para avaliar as súas aptitudes con el.

ALDEA GLOBAL

Ao que se ven a referir esta idea é a que nun futuro, debido á alta velocidade de desenvolvemento das TICs, o mundo podería chegar a conectarse entre si, sen ter en conta a distancia que poida chegar a haber entre eles, o que permitiría unhas incribles interrelacións, xa sexa para compartir ideas políticas, económicas, culturais,...


Estou totalmente de acordo con todo o positivo que ofrece esta idea, pero tamén habería que aclarar moitas impurezas, como por exemplo a inseguridade na rede. Tería que desenrolarse un sistema para evitar as malas palabras (palabrotas), accións (terroristas, revolucións,...) ou roubos (contraseñas do banco, tarxetas,...). Como se menciona no texto, a parte do bo tamén hai que destacar a chamada "Teoría do Caos", que podería chegar a destruír a sociedade ou corrompela tal e como hoxe a coñecemos.

xoves, 29 de setembro de 2016

Introducción a TIC: Tecnoloxía da Información e Comunicación

Que son as TIC?

Enténdese por TIC a aqueles medios electrónicos que procesan, almacenan e transmiten   información, e combinan á súa vez o uso da informática, a microelectrónica e as telecomunicacións.
Algúns exemplos poderían ser o telégrafo, o ordenador ou o teléfono, entre outros.
Aínda que as telecomunicacións veñen de tempos antigos (p. ex. os romanos), principalmente as TICs pódense clasificar en 3 grandes grupos, ordenados en 4 espazos de tempo.
Aquí vos deixo unha táboa cos inventos máis relevantes (ao meu parecer) de cada espazo temporal:




TELECOMUNICACIÓNS

INFORMÁTICA

MEDIOS DE COMUNICACIÓN

FINAIS S. XVIII

Telégrafo óptico


Máquina copiadora

Xornal

FINAIS S. XIX

Teléfono (de Graham Bell)

Comptómetro

Radio
MEDIADOS
S. XX

Radio teléfonos

Mark I

Televisión en color

ACTUALIDADE

Móbil 4G

Ordenador SBC

Internet

xoves, 14 de xaneiro de 2016

IPv4 vs IPv6

Nesta entrada está subida unha presentación feita en Haiku Deck por min.
Trata sobre as diferencias entre os distintos tipos de IPs, IPv4 (actual) e IPv6 (no futuro non moi lonxano).
Este é o traballo feito por min, ao igual que os meus outros 7 compañeiros fixeron (sobre o mesmo tema).


IPv4 vs IPv6 - Created with Haiku Deck, presentation software that inspires

xoves, 19 de novembro de 2015

Comparación Sistemas Operativos de Ordenador

Nesta publicación, como na anterior dos móbiles, compararanse Sistemas Operativos, pero neste caso de ordenadores. Comezaremos comparando entre dous países elixidos aleatoriamente: Bélxica e México (na actualidade).
Bélxica:
México:
Practicamente veñen a ser o mesmo, aínda que en Bélxica úsase un 5% máis o Windows 7 que en México, non hai maior diferencia.
En cambio, comparemos ambos países cunha grafica co paso do tempo dende 2011 por exemplo ata agora:
Bélxica:
México:
Como no caso anterior, non hai case ningunha diferenza entre gráficos, sen contar a diminución do uso de Windows XP coa chegada do Windows 7, pero é normal. Tamén se observa que en México eran máis usados os XP que en Bélxica. En ambos os dous nótase que hai 2 Sistemas Operativos que se manteñen nun posto tan baixo que case ninguén os usa: Windows Vista e Linux.

E aquí remata a entrada sobre os Sistemas Operativos de Ordenador.



xoves, 12 de novembro de 2015

Comparación Uso Sistemas Operativos Móbiles

Nesta publicación inclúese o terceiro traballo da clase de informática do primeiro trimestre, que trata a diferenza de uso dos sistemas operativos móbiles entre dous grandes países: Reino Unido e Corea do Sur. Sería demasiado sinxelo facer este mismo tercer traballo de informática sobre España ou algún outro país europeo, pois en case todos arrasa por completo o sistema operativo Android, seguido de cerca polo iOS.
A continuación móstrase a diferencia, en porcentaxe, de sistemas operativos móbiles entre dous países de relevancia: Reino Unido e Corea do Sur.
Comparad:
Reino Unido:

Corea do Sur:

Como podedes observar nestas imaxes png obtidas da páxina de StatCounter, existe unha clara diferenza entre os dous países en canto a sistemas operativos móbiles se refiren. Mentres que en Corea do Sur gaña de sobra Android sobre a súa competencia (sobre todo iOS).
Visto esto, compararemos cada un dos países por separado coas estadísticas de 2012 e 2014, a ver quén controlaba nese tempo o mercado dos sistemas operativos móbiles e quén o controlaba o ano pasado.
Reino Unido 2012:

Reino Unido 2014:
Entre os dous anos, obsérvase a diferenza de que, aínda que iOS aumenta lixeiramente a porcentaxe, o que máis creceu neste tempo foi Android, a costa de que os sistemas operativos de BlackBerry caesen en picado.
Comparemos agora entre os mesmos anos, Corea do Sur
Corea do Sur 2012:
Corea do Sur 2014:
Entre este tempo, Android perdeu case un 2%, facéndollo ganar a iOS. Os demais xa non tiñan moito, pero o pouco que tiñan, comeullo iOS tamén.

Xa por último, pasamos a comparar o uso de Sistemas Operativos Móbiles entre Europa e América do Norte:
América do Norte:
Europa:
En Europa, como Android é o sistema operativo feito en europa, é normal que triunfe no seu territorio, pero iOS perdeu considerablemente a súa porcentaxe no seu país de orixe ante Android.
Comparemos entre o uso dos Sistemas Operativos Móbiles entre América no ano 2010 (por exemplo) e na actualidade, xa veredes que gran cambio.
América 2010:
América na actualidade (2015):
Claramente, iOS deu un baixón tremendo, pasando da primeira na lista de máis usados cun 36,67% á segunda en 2015 cun 45,64%, que aínda que aumentou, non é nin comparable coa subida de Android, que cambiou de 20,62% a 50,65%. Por outra banda, BlackBerry OS baixou hasta o punto de casi desaparecer da lista.
Polo tanto, pódese confirmar que, de momento, Android e o SO Móbil máis usado en todo o mundo, seguido de cerca, pero diminuíndo as súas ventas, por iOS.

E aquí remata o terceiro exercicio de Informática.