O desenvolvemento das TICs realizouse co fin de usalas utilmente e aplicalas á sociedade e ao mundo científico. Sabendo isto, pódese obter o seguinte pequeno esquema das súas aplicacións:
INFORMÁTICA DISTRIBUÍDA
Entre todas elas (e máis posibles que podería haber) eu tratarei o da Informática Distribuída, pero... ¿qué é?
A informática distribuída refírese a un conxunto de ordenadores que traballan conectados entre si mediante unha red cun fin ou sobre un tema común. Estes ordenadores poden conectarse entre eles mediante unha rede local (cluster) ou mediante Internet (grid).
Algúns dos proxectos máis famosos e coñecidos de este tipo de informática son:
WORLD COMUNITY GRID
No meu caso, centrareime única e específicamente na World Comunity Grid:
Esta é unha organización sen ningún tipo de ánimo de lucro, que ten por obxectivo e finalidade a investigación dos distintos tipos de enfermidades (cancros, tumores,...), desastres naturais (huracáns, tsunamis,...) e problemas medioambientais (quentamento global, desertización,...), entre outros.
Esta é unha organización sen ningún tipo de ánimo de lucro, que ten por obxectivo e finalidade a investigación dos distintos tipos de enfermidades (cancros, tumores,...), desastres naturais (huracáns, tsunamis,...) e problemas medioambientais (quentamento global, desertización,...), entre outros.
Algunha das investigación máis importantes dentro deste campo son:
¬ OpenZika (Investigación contra o virus Zika)
¬ FightAIDS@Home (Investigación contra o SIDA)
¬ Outsmart Ebola Together (Investigación contra o Ébola)
¬ Uncovering Genome Mysteries (Investigación do Genoma da Biodiversidade)
¬ Mapping Cancer Markers (Investigación da prevención de diversos cánceres)¬ Uncovering Genome Mysteries (Investigación do Genoma da Biodiversidade)
¬ Help Stop TB (Investigación de la Tuberculose)
¬ The Clean Energy Project (Investigación de novas Enerxías Limpas)
Esta última está en segunda fase, xa que xa se completou a primeira, ao igual que pasou co FightsAIDS@Home.
Algúns (non todos) dos proxectos xa completados son os seguintes:
¬ FightAIDS@Home
¬ Help Defeat Cancer (Investigación contra o Cáncer)
¬ AfricanClimate@Home (Investigación do clima de África)
¬ Discovering Dengue Drugs (Investigación da cura contrao Dengue)
¬ Help Cure Muscular Dystrophy (Investigación da Distrofia Muscular)
¬ Buscando medicinas contra la leishmaniasis (como su nombre indica, buscan unha medicina/cura contra a leishmaniasis)
¬ GO Fight Against Malaria (Investigación de loita contra a Malaria)
Todos estes proxectos son posibles gracias á colaboración de voluntarios de todo o mundo e ás aportacións da empresa americana IBM (Hardwares, Softwares, aloxamentos, mantemento e asistencia técnica).
Se queres axudar á humanidade, ti tamén podes colaborar: só che fai falta un ordenador, rexistrarte na páxina web de World Comunity Grid e descargar un software gratuíto


Ningún comentario:
Publicar un comentario