luns, 10 de outubro de 2016

Opinión persoal sobre o documento

Nesta nova entrada vou dar a miña opinión sobre os apartados que se mencionan no seguinte DOCUMENTO, que trata sobre a información e a comunicación na sociedade actual. Analizarei o seu contido parte a parte:

ABUNDANCIA DE INFORMACIÓN

A abundancia de información consiste principalmente na creación continua e sen pausa de datos na rede, o que pode ocasionar a saturación de información.


Respecto ao documento, non estou de acordo en todo o que di sobre que a "sobredose" de información na rede é mala, xa que, como ben se di, o saber non ocupa lugar. Aínda así, pode que teña razón e sexa convinte clasificar todos eses datos de maneira que poidan ser útiles para todos e non outorguen falsa información

FLUIDEZ INFORMACIONAL

Esto refírese á cercanía ou familiaridade que se ten coas novas tecnoloxías e a capacidade de interaccionar con elas.


Ten total razón, xa que canta máis relación se teña coas tecnoloxías, maior será a capacidade cognitiva que se menciona.

BRECHA DIXITAL

Denomínase así á diferenza entre a familiarización coas novas tecnoloxías entre dous términos, como por exemplo continentes (Europa-África), que debido á diferenza de presuposto en cada un deles non permite dentro das mesmas posibilidades o poder dispoñer das mesmas TICs (pobreza)


Claramente, entre países do terceiro mundo e os europeos, e sen ir máis lonxe entre a nova xeración e os maiores, existe unha gran brecha dixital, xa que non todos teñen a posibilidade de permitirse un ordenador, ou tan se quera o tempo necesario para avaliar as súas aptitudes con el.

ALDEA GLOBAL

Ao que se ven a referir esta idea é a que nun futuro, debido á alta velocidade de desenvolvemento das TICs, o mundo podería chegar a conectarse entre si, sen ter en conta a distancia que poida chegar a haber entre eles, o que permitiría unhas incribles interrelacións, xa sexa para compartir ideas políticas, económicas, culturais,...


Estou totalmente de acordo con todo o positivo que ofrece esta idea, pero tamén habería que aclarar moitas impurezas, como por exemplo a inseguridade na rede. Tería que desenrolarse un sistema para evitar as malas palabras (palabrotas), accións (terroristas, revolucións,...) ou roubos (contraseñas do banco, tarxetas,...). Como se menciona no texto, a parte do bo tamén hai que destacar a chamada "Teoría do Caos", que podería chegar a destruír a sociedade ou corrompela tal e como hoxe a coñecemos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario