xoves, 27 de outubro de 2016

Posibilidades e riscos das TICs

As TICs son moi importantes hoxe en día para todo o mundo, ofrecendo moitas posibilidades e dereitos, pero estos non teñen límite. Neste caso, demasiada liberdade pode ocasionar perigos e levar a riscos, ou simplemente destacar unha desigualdade na sociedade. En calquera caso, estes son algunhas das posibilidades e riscos das TICs:
Aínda que as posibilidades que se ofrecen son moi ventaxosas, entreña certos riscos de carácter importante, como por exemplo a credibilidade da información:

CREDIBILIDADE DA INFORMACIÓN

Seguramente ti contes cunha conta nunha rede social (WhatssApp, Instagram, Snapchat, MySpace,...), verdade? E ao igual que ti tela cos teus datos persoais verdadeiros, quen che di que non hai xente que os falsifica?
Ao que quero chegar con isto é que se debe ter coidado coas persoas ás que se segue ou que te seguen, xa que a información que ofrece pode ser falsa. Tanto pode falsificar o seu nome, como a súa idade, como a súa localización, como o seu propio sexo.
Por estes temas suceden diariamente os casos que saen nos telediarios de cyberbulling, ameazas online sobre todo dirixidas a menores de idade.
Algún exemplo podería ser o chantaxe dun "adolescente" ameazando con divulgar fotos persoais comprometidas se non cumple as súas esixencias.
Para comprobar que a información sexa real e verdadeira, podes seguir estes tips ou pasos:


1. PRESENTACIÓN: refírese a asegurar que o nome. o tipo de dominio (.es para España, .fr para Francia,...) e o tipo de publicación (se se trata dunha publicación xurídica, editorial, científica,...).
2. AUTOR: asegurarse da vericidade do nome do autor e que os seus datos de contacto sexan reais é moi importante para evitar as falacias e detectar infraccións por suplantación de identidade por exemplo.
3. DESTINATARIO: hai que saber que estilo posúe a publicación, para determinar o enfoque que esta vai ter: se vai ir dirixido a un público xuvenil, adulto,...
4. PRECISIÓN: é recomendable sinalar nas publicacións o lugar de procedencia desta, repasar que os enlaces sexan actualizados cada certo tempo para obter as últimas informacións,...
5. ACTUALIDADE: un bo mantemento da publicación, sobre todo das fechas e localizacións desta implicaría manter ven informado ao lector sobre o espazo e o tempo da noticia.



luns, 24 de outubro de 2016

Aplicacións das TICs

O desenvolvemento das TICs realizouse co fin de usalas utilmente e aplicalas á sociedade e ao mundo científico. Sabendo isto, pódese obter o seguinte pequeno esquema das súas aplicacións:


INFORMÁTICA DISTRIBUÍDA

Entre todas elas (e máis posibles que podería haber) eu tratarei o da Informática Distribuída, pero... ¿qué é?
A informática distribuída refírese a un conxunto de ordenadores que traballan conectados entre si mediante unha red cun fin ou sobre un tema común. Estes ordenadores poden conectarse entre eles mediante unha rede local (cluster) ou mediante Internet (grid).

Algúns dos proxectos máis famosos e coñecidos de este tipo de informática son:


WORLD COMUNITY GRID

No meu caso, centrareime única e específicamente na World Comunity Grid:
Esta é unha organización sen ningún tipo de ánimo de lucro, que ten por obxectivo e finalidade a investigación dos distintos tipos de enfermidades (cancros, tumores,...), desastres naturais (huracáns, tsunamis,...) e problemas medioambientais (quentamento global, desertización,...), entre outros.
Algunha das investigación máis importantes dentro deste campo son:
¬ OpenZika (Investigación contra o virus Zika)
¬ FightAIDS@Home (Investigación contra o SIDA)
¬ Outsmart Ebola Together (Investigación contra o Ébola)
¬ Uncovering Genome Mysteries (Investigación do Genoma da Biodiversidade)
¬ Mapping Cancer Markers (Investigación da prevención de diversos cánceres)
¬ Help Stop TB (Investigación de la Tuberculose)
¬ The Clean Energy Project (Investigación de novas Enerxías Limpas)

Esta última está en segunda fase, xa que xa se completou a primeira, ao igual que pasou co FightsAIDS@Home.
Algúns (non todos) dos proxectos xa completados son os seguintes:
¬ FightAIDS@Home
¬ Help Defeat Cancer (Investigación contra o Cáncer)
¬ AfricanClimate@Home (Investigación do clima de África)
¬ Discovering Dengue Drugs (Investigación da cura contrao Dengue)
¬ Help Cure Muscular Dystrophy (Investigación da Distrofia Muscular)
¬ Buscando medicinas contra la leishmaniasis (como su nombre indica, buscan unha medicina/cura contra a leishmaniasis)
¬ GO Fight Against Malaria (Investigación de loita contra a Malaria)

Todos estes proxectos son posibles gracias á colaboración de voluntarios de todo o mundo e ás aportacións da empresa americana IBM (Hardwares, Softwares, aloxamentos, mantemento e asistencia técnica).
Se queres axudar á humanidade, ti tamén podes colaborar: só che fai falta un ordenador, rexistrarte na páxina web de World Comunity Grid e descargar un software gratuíto

luns, 10 de outubro de 2016

Opinión persoal sobre o documento

Nesta nova entrada vou dar a miña opinión sobre os apartados que se mencionan no seguinte DOCUMENTO, que trata sobre a información e a comunicación na sociedade actual. Analizarei o seu contido parte a parte:

ABUNDANCIA DE INFORMACIÓN

A abundancia de información consiste principalmente na creación continua e sen pausa de datos na rede, o que pode ocasionar a saturación de información.


Respecto ao documento, non estou de acordo en todo o que di sobre que a "sobredose" de información na rede é mala, xa que, como ben se di, o saber non ocupa lugar. Aínda así, pode que teña razón e sexa convinte clasificar todos eses datos de maneira que poidan ser útiles para todos e non outorguen falsa información

FLUIDEZ INFORMACIONAL

Esto refírese á cercanía ou familiaridade que se ten coas novas tecnoloxías e a capacidade de interaccionar con elas.


Ten total razón, xa que canta máis relación se teña coas tecnoloxías, maior será a capacidade cognitiva que se menciona.

BRECHA DIXITAL

Denomínase así á diferenza entre a familiarización coas novas tecnoloxías entre dous términos, como por exemplo continentes (Europa-África), que debido á diferenza de presuposto en cada un deles non permite dentro das mesmas posibilidades o poder dispoñer das mesmas TICs (pobreza)


Claramente, entre países do terceiro mundo e os europeos, e sen ir máis lonxe entre a nova xeración e os maiores, existe unha gran brecha dixital, xa que non todos teñen a posibilidade de permitirse un ordenador, ou tan se quera o tempo necesario para avaliar as súas aptitudes con el.

ALDEA GLOBAL

Ao que se ven a referir esta idea é a que nun futuro, debido á alta velocidade de desenvolvemento das TICs, o mundo podería chegar a conectarse entre si, sen ter en conta a distancia que poida chegar a haber entre eles, o que permitiría unhas incribles interrelacións, xa sexa para compartir ideas políticas, económicas, culturais,...


Estou totalmente de acordo con todo o positivo que ofrece esta idea, pero tamén habería que aclarar moitas impurezas, como por exemplo a inseguridade na rede. Tería que desenrolarse un sistema para evitar as malas palabras (palabrotas), accións (terroristas, revolucións,...) ou roubos (contraseñas do banco, tarxetas,...). Como se menciona no texto, a parte do bo tamén hai que destacar a chamada "Teoría do Caos", que podería chegar a destruír a sociedade ou corrompela tal e como hoxe a coñecemos.

xoves, 29 de setembro de 2016

Introducción a TIC: Tecnoloxía da Información e Comunicación

Que son as TIC?

Enténdese por TIC a aqueles medios electrónicos que procesan, almacenan e transmiten   información, e combinan á súa vez o uso da informática, a microelectrónica e as telecomunicacións.
Algúns exemplos poderían ser o telégrafo, o ordenador ou o teléfono, entre outros.
Aínda que as telecomunicacións veñen de tempos antigos (p. ex. os romanos), principalmente as TICs pódense clasificar en 3 grandes grupos, ordenados en 4 espazos de tempo.
Aquí vos deixo unha táboa cos inventos máis relevantes (ao meu parecer) de cada espazo temporal:




TELECOMUNICACIÓNS

INFORMÁTICA

MEDIOS DE COMUNICACIÓN

FINAIS S. XVIII

Telégrafo óptico


Máquina copiadora

Xornal

FINAIS S. XIX

Teléfono (de Graham Bell)

Comptómetro

Radio
MEDIADOS
S. XX

Radio teléfonos

Mark I

Televisión en color

ACTUALIDADE

Móbil 4G

Ordenador SBC

Internet

xoves, 14 de xaneiro de 2016

IPv4 vs IPv6

Nesta entrada está subida unha presentación feita en Haiku Deck por min.
Trata sobre as diferencias entre os distintos tipos de IPs, IPv4 (actual) e IPv6 (no futuro non moi lonxano).
Este é o traballo feito por min, ao igual que os meus outros 7 compañeiros fixeron (sobre o mesmo tema).


IPv4 vs IPv6 - Created with Haiku Deck, presentation software that inspires